Cart 0
urco_contos_estraños_culturgal Continue reading...

Fantástica fusión

As editoras galegas do fantástico Urco e Contos Estraños pasarán a ser unha soa a partir do mes de Xullo de 2015. Urco editora, o selo senlleiro no eido da literatura fantástica en lingua galega e mais Contos Estraños editora, proxecto xurdido de xente vinculada á primeira, rubrican nestes días un acordo de fusión, polo que Contos Estraños pasará a constituír un selo especializado dentro de Urco. Este acordo, nacido da vontade de ambas as…

Continue reading
Continue reading...

Convocado o I premio “Antón Risco” de literatura fantástica

Urco Editora, en colaboración coa Fundación Vicente Risco, Sacauntos Cooperativa Gráfica, Libraría Aira das Letras, Livraria Traga-mundos, Pastelería Fina Rei e Restaurante Pingallo, convocan conxuntamente o «I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica», a fin de homenaxear o escritor e teórico da literatura alaricano Antón Martínez-Risco Fernández. Continuador do gusto polo fantástico do seu pai, don Vicente Risco (a quen podemos considerar introdutor do xénero fantástico na literatura galega coa obra Do caso que lle aconteceu…

Continue reading
Non hai luz sen escuridade Continue reading...

“Non hai luz sen escuridade”, de Andrea Barreira

Coa primavera continúan as novidades en Urco Editora, e desta volta tócalle á Colección Xuvenil. Non hai luz sen escuridade é a primeira novela da brañega Andrea Barreira e cóntanos a historia de Lea, a Princesa da Escuridade, que leva desde que era unha nena a se debater entre o que os seus pais agardan dela e o medo que lle dá aquilo en que pode converterse. Cando chega o momento de facer a viaxe que a…

Continue reading
libros para agasallar Continue reading...

Esta semana, libros de agasallo no web

Urco editora únese á celebración da semana do libro agasallando a todos os que merquen libros a través do web cun libro de balde. Hoxe, 23 de Abril, celébrase o día internacional do libro e a lectura. Como non podía ser doutro xeito, en Urco Editora sumámonos a esta celebración cunha iniciativa pensada para os nosos lectores. Todo aquel que merque calquera libro a través da nosa páxina web, recibirá de balde outro, a escoller entre os…

Continue reading
Cegoñas no fondo da ría Continue reading...

“Cegoñas no fondo da ría” ou unha outra Pontevedra

O novo traballo de Manuel Lourenzo González Cegoñas no fondo da ría é un conxunto de vinte e cinco relatos que recollen outros tantos episodios da historia de Pontevedra nos que os feitos reais se prolongan polos vieiros da fantasía a través de prodixiosos exercicios de imaxinación. Cunha traza de perfecta verosimilitude, vemos desfilar polas rúas antigas desta cidade persoeiros de proxeccción universal como Xulio César, o Preste Xan, Góngora, Carlos de Médici, don Dinís…

Continue reading
o terror sobrenatural na literatura Continue reading...

A «Biblioteca Lovecraft» supera o seu ecuador cunha novela longa e un ensaio

Chegan ás librarías os volumes VIII e IX da «Biblioteca Lovecraft», cos títulos A procura soñada de Kadath a descoñecida e O terror sobrenatural na literatura A publicación da «Biblioteca Lovecraft» avanza inexorábel xa superado o seu ecuador. Deixamos atrás o chamado «Ciclo de Cthulhu», que se compón dos relatos e novelas curtas máis recentes e asemade máis coñecidos do autor de Providence. Logo, internámonos no «Ciclo do Soño», que fechamos co volume VIII: A…

Continue reading
irmandade do libro premios Continue reading...

A biblioteca “gótica” de Urco recibe o premio “irmandade do libro” á mellor obra editorial

A biblioteca “gótica” de Urco editora recibiu o pasado sábado 14 de marzo o premio “Irmandade do libro”, que concede a Federación de Librarías de Galiza, á mellor Obra Editorial, na XXIV edición destes premios. No acto, que transcorreu na tarde do 14 de marzo na Cidade da Cultura de Compostela, foron galardoados tamén a libraría O Pontillón, de Moaña, na modalidade de mellor libraría; o IES Castro Alobre, de Vilagarcía, na modalidade de Centros de…

Continue reading
Presentación de "A batalla por Avalon" Libraría Aenea Continue reading...

Presentación de “A batalla por Avalon” na libraría Aenea

A batalla por Avalon de Fernando M. Cimadevila, terceira entrega da serie de fantasía O mundo secreto de Basilius Hoffman, presentarase en Compostela o vindeiro xoves 26 de febreiro na libraría Aenea (Rúa Irmáns Rey Alvite, 5), ás 20:00. Contaremos coa presenza do autor e máis da ilustradora, Jara Zambrano, que asinarán exemplares e exporán o seu traballo. Sinopse de A batalla por Avalon: A illa da sabedoría atópase en perigo, a Irmandade de Avalon debe enfrontarse á súa…

Continue reading
cartaz presentación "A vitoria final" Continue reading...

Presentación de “A vitoria final” na libraría A Gata Tola

A vitoria final (‘Azken Garaipena’) de Julen Ribas e Iban Zaldua, banda deseñada gañadora do premio Euskadi de literatura xuvenil e publicada en galego por Urco Editora, será presentada en Compostela o próximo venres 13 de febreiro na libraría A gata tola (Romero Donallo, 9), ás 18:00. Sinopse de A vitoria Final: A tenente Sigrid Frisch devece polos cómics. Leos na comisaría de policía cando non ten outra angueira. Mais en poucas ocasións pode rematar…

Continue reading

Presentación das novidades editoriais de Urco

Mañá, día 27 de novembro, ás 12:00, presentamos no CulturGal as novidades editoriais de Urco para esta tempada: Crónicas do mañá: 50 anos de contos cubanos de ciencia ficción, escolma de relatos que se publica por primeira vez fora de Cuba; O castelo de Otranto, a novela iniciadora do xénero gótico; e Solomon Kane, unha escolma de tres relatos da personaxe creada por Robert E. Howard (autor, entre outros, das aventuras do bárbaro Conan, que tamén…

Continue reading