Presentación de “A vitoria final” na libraría A Gata Tola 10th Febreiro 2015 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

cartaz presentación "A vitoria final"

Presentación de “A vitoria final” (‘Azken Garaipena’), venres 13 de febreiro ás 18h na libraría “A Gata Tola”

A vitoria final (‘Azken Garaipena’) de Julen Ribas e Iban Zaldua, banda deseñada gañadora do premio Euskadi de literatura xuvenil e publicada en galego por Urco Editora, será presentada en Compostela o próximo venres 13 de febreiro na libraría A gata tola (Romero Donallo, 9), ás 18:00.

Sinopse de A vitoria Final:

A tenente Sigrid Frisch devece polos cómics. Leos na comisaría de policía cando non ten outra angueira. Mais en poucas ocasións pode rematar a lectura tranquilamente. Recibe un aviso xusto cando está a ler o clásico que conta como gañou Alemaña a II Guerra Mundial: uns cativos atoparon un cadaver nun gran canal.
Ao chegar ao lugar dos feitos decátase de que terá problemas co caso. Ao pé do corpo, alén da policía, andan unha Oberstandartenfürher das SS e os seus soldados a fisgar. Que fan alí? Só é un afogado. O cadáver non ten identificación e na man hai un papel do que termaba con forza. E o máis sorprendente: o bandullo ten embigo! Algo imposíbel na Alemaña de 2052, ano CVII da Vitoria. Non, non será un caso doado.

Ligazón á ficha do libro no noso catálogo