Cart 0

Un dos primeiros autores que se escoaron na lista de tradución de Urco Editora, aló cando se foi cocendo o proxecto no vérán de 2007, foi Robert E. Howard. Proba diso é que no primeiro ano de vida do proxecto a editora publicou Relatos de terror sobrenatural e mais A filla do xigante de xeo, ambos os dous asinados polo autor de Cross Plains, Texas.

Ao pouco tempo, xa estabamos embarcados na tradución das Biblioteca Conan, dedicada ao personaxe se cadra máis icónico de Howard, que se viu complementada por outros textos menos coñecidos pero non por iso menos interesantes.

Co paso dos anos e coas obras en papel xa completamente amortizadas, decidimos reeditar o éxito da nosa Biblioteca Lovecraft Dixital e “liberar” os textos do pai de Conan e Solomon Kane. Non en balde, no noso ADN sempre estivo o Creative Commons e o Software Libre.

Presentamos aquí uns textos anovados e corrixidos a conciencia baixo criterios editoriais e lingüísticos que os unifican como un todo, como unha verdadeira biblioteca de autor, libre, gratuíta e de calidade.

O contido íntegro deste proxecto en ePUB está dispoñíbel para descarga gratuíta a continuación nesta páxina. Lembra que tamén temos versións en papel destas obras que podes mercar, se preferes o formato clásico.

→ Nas nosas probas, o software que mellor le os nosos libros é o PocketBook, que podes descargar tamén gratis para o teu dispositivo android.

Preme para descargar o eBook


Estes eBook foron diagramados pola Sacauntos Cooperativa Gráfica utilizando os softwares libres Sigil, Inkscape, GIMP e LibreOffice.

As obras presentadas para descargar nesta páxina están publicadas baixo a licenza de Recoñecemento-Non comercial sen obra derivada 3.0 da Creative Commons (CC 3.0 by-nc-nd). Isto significa que es libre de a copiar e distribuír sempre e cando cites a fonte e sexa sen ánimo de lucro.


Obra dixital realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-22 da Xunta de Galicia.