Urco Reto Lector 2019 16th Xaneiro 2019

No mes de xaneiro é a quenda dun #libroinfantil, e aínda que tiñamos moito onde escoller, decidimos ler de novo As cinco castes, a última obra que María Victoria Moreno escribiu e que non puido ver a luz ata o 2018.
Queremos coñecervos máis e non atopamos mellor xeito de facelo que compartindo as nosas lecturas!
Que libro infantil de Urco ides ler neste mes de xaneiro? Contádenos!