Presentación de “A batalla por Avalon” na libraría Aenea 24th Febreiro 2015 – Posted in: Mundo editorial, Novidades – Tags: , , , ,

Presentación de "A batalla por Avalon" Libraría Aenea

Presentación de “A batalla por Avalon”

A batalla por Avalon de Fernando M. Cimadevila, terceira entrega da serie de fantasía O mundo secreto de Basilius Hoffman, presentarase en Compostela o vindeiro xoves 26 de febreiro na libraría Aenea (Rúa Irmáns Rey Alvite, 5), ás 20:00. Contaremos coa presenza do autor e máis da ilustradora, Jara Zambrano, que asinarán exemplares e exporán o seu traballo.

Sinopse de A batalla por Avalon:

A illa da sabedoría atópase en perigo, a Irmandade de Avalon debe enfrontarse á súa batalla definitiva contra un antigo mal que regresa para cumprir vinganza. O profesor Hoffman e o seu sobriño Peter veranse envolvidos nunha escura conspiración, que os levará a descubrir novos misterios e a desentrañar unha mentira que durante anos pesara sobre todos eles.

Continúan as aventuras do profesor Basilius Hoffman: historiador e explorador de mundos ocultos, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa, que, na súa procura do lendario Diario do Cartógrafo, verase enleado nunha aventura chea de asombrosas criaturas, incríbeis artefactos mecánicos, reliquias de inimaxinábel poder e, tamén, a descubrir a porta a un novo e fascinante mundo secreto.

 

Ligazón á ficha do libro no noso catálogo