Cart 0
Continue reading...

Novidades de outono 8th Setembro 2017 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

En Urco Editora estivemos a traballar todo este verán para que poidades gozar das mellores novidades literarias posíbeis no outono que está a chegar. Na colección que inaugurou a editora (e que este mesmo ano está de 10º aniversario) continuamos coa publicación da saga finlandesa de fantasía épica Os gardiáns do Sampo de Timo Parvela e con tradución de Tuula Ahola, cuxa segunda parte, Tiera o salvaxe, estará ao voso dispor ao comezo do outono…

Continue reading
Continue reading...

Convocatoria do III premio Antón Risco de Literatura Fantástica 20th Xullo 2017 – Posted in: Galiza, Interno, literatura fantástica, Mundo editorial, premio Antón Risco, Urco

Urco Editora, a Fundación Vicente Risco, Auga Editora, Âncora Editora, Sacauntos Cooperativa Gráfica, Libraría Aira das Letras, Livraria Traga-mundos, Pastelería Fina Rei e A Fábrica de Vilanova, convocan conxuntamente o «III Premio Antón Risco de Literatura Fantástica» coa fin de homenaxear o escritor e teórico da literatura alaricano Antón Martínez-Risco Fernández. Continuador do gusto polo fantástico do seu pai, don Vicente Risco (a quen podemos considerar introdutor do xénero fantástico na literatura galega coa obra…

Continue reading
Continue reading...

Fallo do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica 11th Febreiro 2017 – Posted in: Mundo editorial, premio Antón Risco

Reunido en Allariz o 11 de febreiro de 2017, o xuri do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica composto por: Antonio Manuel Fraga, gañador da anterior edición César Lorenzo Gil, crítico literario Elisa Torres, da UTAD Isabel Cristina Mateus, da Universidade do Minho Montse Pena Presas, crítica literaria e actuando como secretario sen voto Tomás González Ahola, de Urco Editora.   RESOLVE   Concecer o II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, convocado pola…

Continue reading
Continue reading...

Fallo do XXI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 4th Febreiro 2017 – Posted in: Galiza, Mundo editorial, Urco

Reunido o xurado da XXI edición do Premio Vicente Risco de CCSS, composto por: Alberto Baptista e Octavio Sacramento en representación da UTAD-CETRAD, Teresa Devesa en representación do Concello de Alhariz, Manoel Carrete en representación do Concello de Castro Caldelas, José María Eguileta e Xosé Manoel Cid en representación da FVR, actuando como secretario José María Eguileta con voto de calidade. Acordou maioritariamente conceder o premio ao traballo Enfermos pobres, médicos tristes que resultou ser…

Continue reading

Aprazamento do fallo do “II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica” 22nd Decembro 2016 – Posted in: literatura fantástica, Mundo editorial, premio Antón Risco, Urco

As entidades organizadoras do “II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica” (Urco editora, Fundación Vicente Risco, Sacauntos Cooperativa Gráfica, Libraría Aira das Letras, Livraria Traga-Mundos, Pastelaría Fina Rei e Restaurante A Fábrica de Vilanova), comunicamos que, por mor da gran cantidade de orixinais recibidos nesta convocatoria do premio e da notábel calidade media dos mesmos, decidimos aprazar dous meses o fallo de devandito premio, para dar aos membros do xuri o tempo necesario para faceren…

Continue reading
urco_contos_estraños_culturgal Continue reading...

Actividades de Urco Editora no Culturgal 2016 29th Novembro 2016 – Posted in: literatura fantástica, Mundo editorial, Novidades, Urco

Un ano máis Urco editora preparou un programa de actividades para deselvolver no Pazo da Cultura de Pontevedra. Estaremos no Culturgal 2016 desde o venres 2, mais  a programación está axendada para o sábado 3 e o domingo 4. Presentaremos as novidades editorias no “Espazo Libro”  e levaremos a cabo encontros entre autoras e autores  e o  lectorado no stand da propia editora. Para eses encontros poderán inscribirse no correo info@urcoeditora.com co asunto “Encontro con” e…

Continue reading
Nun vidro misterioso Continue reading...

Libros de Sheridan Le Fanu polo seu 201 aniversario 28th Agosto 2015 – Posted in: Libros libres, Mundo editorial, Novidades

Hoxe celebramos o 201 aniversario do escritor irlandés Sheridan Le Fanu, coñecido polas súas historias góticas de arrepío e misterio. Entre outras cousas, Le Fanu pasou á posteridade por ser o pioneiro na construción do mito da vampira feminina coa súa novela curta Carmilla. Esta vampira, arrodeada por un halo lésbico, deu de si na literatura e no cinema posterior, dacabalo entre o xénero de medo e o erótico. Hoxe que se cumpren 201 anos do…

Continue reading
Plug&Play e Encontros na Terceira era Continue reading...

Encontro fantástico (e erótico) na feira do libro de A Coruña 5th Agosto 2015 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Urco Editora presenta dúas novidades do selo “Contos Estraños” na feira do libro de A Coruña O vindeiro Domingo día 9 de agosto ás 13:00, os xardíns de Méndez Núñez de A Coruña acollerán, dentro da programación da feira do libro, as presentacións de Contos Estraños v. 7. Encontros na Terceira Era e de Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica, editados baixo o selo “Contos Estraños” de Urco Editora Hai non moito…

Continue reading
Romaría dos libros Continue reading...

Romaría dos libros 23rd Xullo 2015 – Posted in: Libros libres, Mundo editorial

Romaría dos libros o 25 de xullo Editoras e librarías de Compostela sairán á rúa o vindeiro 25 de xullo para levar a cabo a primeira “Romaría dos libros”. O vindeiro sábado 25 de xullo a partir das 11 da mañá, as pedras da Praza de Mazarelos serán testemuña da trasfega dunha auténtica romaría, só que neste caso dunha “romaría dos libros”. A iniciativa parte dun grupo de librarías e editoras da cidade, conscientes da…

Continue reading
O frío azul Continue reading...

“O frío azul”, de Ramón Caride, na súa edición definitiva e cunha capa de “Realidade Aumentada” 1st Xullo 2015 – Posted in: Alcaián, Mundo editorial, Novidades, Uncategorized

Urco editora publica a edición definitiva da premiada obra de Caride, con moito material adicional do autor e mais unha capa de “Realidade Aumentada” O frío azul, de Ramón Caride Ogando, acadou por unanimidade o Premio Lueiro Rey de Novela Curta en 2007. Catro anos máis tarde, en 2011, a súa versión castelá, publicada pola editorial Anaya, obtivo o Premio de literatura fantástica “El Templo de las Mil Puertas”, na categoría de mellor novela española…

Continue reading