Cart 0

Jack London sempre foi para Urco Editora un dos autores máis interesantes de comezos do século XX, desgraciadamente coñecido só por un par de obras de corte xuvenil que, se ben de gran calidade, eclipsaron outras dun valor literario e ideolóxico sen precedentes.

Daquela, desde 2009, ano en que publicamos a novela post-apocalíptica A praga escarlata, onde fai unha crítica mordaz do capitalismo global, Urco converteuse na morada dese London combativo, socialista e mesmo visionario, que anticipou, entre outras cuestións, comportamentos do capitalismo tecnolóxico global de finais do século XX un século antes de que se producisen.

Pasou o tempo e as obras en papel, malia que vivas, foron caendo no esquecemento. Daquela, no contexto Covid-19 e co exemplo da nosa Biblioteca Lovecraft Dixital, acomentemos o traballo de “liberar” os nosos textos de London xunto cos de Robert E. Howard, mediante unha edición libre e gratuíta en formato epub, publicada baixo licenza Creative Commons e desenvolvida 100% con Software libre.

Posto que as nosas traducións foron de diferentes mans e diferentes épocas onde os criterios editoriais foron mudando, na nosa Biblioteca London Dixital emprendemos un traballo profundo de unificación para ofrecer ao mundo unha colección sólida, coherente e, como non, libre e gratuíta.

O contido íntegro deste proxecto en ePUB está dispoñíbel para descarga gratuíta a continuación nesta páxina. Lembra que tamén temos versións en papel destas obras que podes mercar, se preferes o formato clásico.

→ Nas nosas probas, o software que mellor le os nosos libros é o PocketBook, que podes descargar tamén gratis para o teu dispositivo android.

Preme para descargar o eBook


Estes eBook foron diagramados pola Sacauntos Cooperativa Gráfica utilizando os softwares libres Sigil, Inkscape, GIMP e LibreOffice.

As obras presentadas para descargar nesta páxina están publicadas baixo a licenza de Recoñecemento-Non comercial sen obra derivada 3.0 da Creative Commons (CC 3.0 by-nc-nd). Isto significa que es libre de a copiar e distribuír sempre e cando cites a fonte e sexa sen ánimo de lucro.


Obra dixital realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-22 da Xunta de Galicia.