Cart 0
Continue reading...

Novidades de outono 8th Setembro 2017 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

En Urco Editora estivemos a traballar todo este verán para que poidades gozar das mellores novidades literarias posíbeis no outono que está a chegar. Na colección que inaugurou a editora (e que este mesmo ano está de 10º aniversario) continuamos coa publicación da saga finlandesa de fantasía épica Os gardiáns do Sampo de Timo Parvela e con tradución de Tuula Ahola, cuxa segunda parte, Tiera o salvaxe, estará ao voso dispor ao comezo do outono…

Continue reading
urco_contos_estraños_culturgal Continue reading...

Actividades de Urco Editora no Culturgal 2016 29th Novembro 2016 – Posted in: literatura fantástica, Mundo editorial, Novidades, Urco

Un ano máis Urco editora preparou un programa de actividades para deselvolver no Pazo da Cultura de Pontevedra. Estaremos no Culturgal 2016 desde o venres 2, mais  a programación está axendada para o sábado 3 e o domingo 4. Presentaremos as novidades editorias no “Espazo Libro”  e levaremos a cabo encontros entre autoras e autores  e o  lectorado no stand da propia editora. Para eses encontros poderán inscribirse no correo info@urcoeditora.com co asunto “Encontro con” e…

Continue reading
Continue reading...

A Federación de Librarías de Galicia «extirpa» a Urco Editora da feira do libro de Rianxo 29th Xuño 2016 – Posted in: Galiza, Interno, literatura fantástica, Novidades, Ophiusa, Urco

A organización, que asegurou sentirse «incómoda» coa nosa presenza, eliminou mesmo un obradoiro de escrita creativa para mozas e mozos, cuxa única relación coa editora é que a docente publicou unha novela en 2015 no noso selo xuvenil. O pasado martes día 28 de xuño, por volta das 13:00, recibimos unha chamada de alguén que dicía falar en nome da Federación de Librarías de Galicia. A mensaxe era simple, directa e, o peor de todo,…

Continue reading
Continue reading...

Convocado o II Premio “Antón Risco” de literatura fantástica 26th Maio 2016 – Posted in: Galiza, literatura fantástica, Novidades, premio Antón Risco, Urco

Urco Editora, a Fundación Vicente Risco, Auga Editora, Sacauntos Cooperativa Gráfica, Libraría Aira das Letras, Livraria Traga-mundos, Pastelería Fina Rei e A Fábrica de Vilanova, convocan conxuntamente o «II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica», a fin de homenaxear o escritor e teórico da literatura alaricano Antón Martínez-Risco Fernández. Continuador do gusto polo fantástico do seu pai, don Vicente Risco (a quen podemos considerar introdutor do xénero fantástico na literatura galega coa obra Do caso…

Continue reading
Nun vidro misterioso Continue reading...

Libros de Sheridan Le Fanu polo seu 201 aniversario 28th Agosto 2015 – Posted in: Libros libres, Mundo editorial, Novidades

Hoxe celebramos o 201 aniversario do escritor irlandés Sheridan Le Fanu, coñecido polas súas historias góticas de arrepío e misterio. Entre outras cousas, Le Fanu pasou á posteridade por ser o pioneiro na construción do mito da vampira feminina coa súa novela curta Carmilla. Esta vampira, arrodeada por un halo lésbico, deu de si na literatura e no cinema posterior, dacabalo entre o xénero de medo e o erótico. Hoxe que se cumpren 201 anos do…

Continue reading
Plug&Play e Encontros na Terceira era Continue reading...

Encontro fantástico (e erótico) na feira do libro de A Coruña 5th Agosto 2015 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Urco Editora presenta dúas novidades do selo “Contos Estraños” na feira do libro de A Coruña O vindeiro Domingo día 9 de agosto ás 13:00, os xardíns de Méndez Núñez de A Coruña acollerán, dentro da programación da feira do libro, as presentacións de Contos Estraños v. 7. Encontros na Terceira Era e de Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica, editados baixo o selo “Contos Estraños” de Urco Editora Hai non moito…

Continue reading
O frío azul Continue reading...

“O frío azul”, de Ramón Caride, na súa edición definitiva e cunha capa de “Realidade Aumentada” 1st Xullo 2015 – Posted in: Alcaián, Mundo editorial, Novidades, Uncategorized

Urco editora publica a edición definitiva da premiada obra de Caride, con moito material adicional do autor e mais unha capa de “Realidade Aumentada” O frío azul, de Ramón Caride Ogando, acadou por unanimidade o Premio Lueiro Rey de Novela Curta en 2007. Catro anos máis tarde, en 2011, a súa versión castelá, publicada pola editorial Anaya, obtivo o Premio de literatura fantástica “El Templo de las Mil Puertas”, na categoría de mellor novela española…

Continue reading
urco_contos_estraños_culturgal Continue reading...

Fantástica fusión 19th Xuño 2015 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial, Novidades

As editoras galegas do fantástico Urco e Contos Estraños pasarán a ser unha soa a partir do mes de Xullo de 2015. Urco editora, o selo senlleiro no eido da literatura fantástica en lingua galega e mais Contos Estraños editora, proxecto xurdido de xente vinculada á primeira, rubrican nestes días un acordo de fusión, polo que Contos Estraños pasará a constituír un selo especializado dentro de Urco. Este acordo, nacido da vontade de ambas as…

Continue reading
Non hai luz sen escuridade Continue reading...

“Non hai luz sen escuridade”, de Andrea Barreira 28th Abril 2015 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Coa primavera continúan as novidades en Urco Editora, e desta volta tócalle á Colección Xuvenil. Non hai luz sen escuridade é a primeira novela da brañega Andrea Barreira e cóntanos a historia de Lea, a Princesa da Escuridade, que leva desde que era unha nena a se debater entre o que os seus pais agardan dela e o medo que lle dá aquilo en que pode converterse. Cando chega o momento de facer a viaxe que a…

Continue reading
Cegoñas no fondo da ría Continue reading...

“Cegoñas no fondo da ría” ou unha outra Pontevedra 21st Abril 2015 – Posted in: Alcaián, Mundo editorial, Novidades

O novo traballo de Manuel Lourenzo González Cegoñas no fondo da ría é un conxunto de vinte e cinco relatos que recollen outros tantos episodios da historia de Pontevedra nos que os feitos reais se prolongan polos vieiros da fantasía a través de prodixiosos exercicios de imaxinación. Cunha traza de perfecta verosimilitude, vemos desfilar polas rúas antigas desta cidade persoeiros de proxeccción universal como Xulio César, o Preste Xan, Góngora, Carlos de Médici, don Dinís…

Continue reading