Esta semana, libros de agasallo no web 23rd Abril 2015 – Posted in: Interno, Libros libres, Mundo editorial – Tags: , , , , , ,

Urco editora únese á celebración da semana do libro agasallando a todos os que merquen libros a través do web cun libro de balde.

libros para agasallar

Libros para agasallar

Hoxe, 23 de Abril, celébrase o día internacional do libro e a lectura. Como non podía ser doutro xeito, en Urco Editora sumámonos a esta celebración cunha iniciativa pensada para os nosos lectores.

Todo aquel que merque calquera libro a través da nosa páxina web, recibirá de balde outro, a escoller entre os seguintes:

O corvo, Edgar Allan Poe (1ª edición)

Sleepy Hollow e outros relatos, Washington Irving (1ª edición)

Relatos de terror sobrenatural, Robert E. Howard (1ª edición)

Planilandia, Edwin A. Abbott (1ª edición)

A princesa e o trasno, George MacDonald

Se o socialismo chegase, Edward Bellamy (1ª edición)

Nun vidro misterioso v. 1, Sheridan Le Fanu

Nun vidro misterioro v. 2, Sheridan Le Fanu

O monstro metálico, Abraham Merritt

 

O procedemento é moi sinxelo. Abonda con realizar unha compra de xeito regular e despois enviar un correo electrónico a info@urcoeditora.com, indicando o nome do comprador,  o libro  mercado e o libro que se desexa recibir como agasallo.

Como sempre, os gastos de envío serán de balde, polo servizo postlibris de Correos.

Esta promoción remata o día 30 de Abril. Apurade para conseguir os vosos libros!