Cart 0

Módicos 22nd Maio 2010 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

A parcelaria chega á edición galega Preséntase unha nova colección común a varias editoriais O martes día 25 ten un lugar un acontencemento novidoso no crecente minifundio do panorama editorial galego, xa que por primeira vez preséntase unha colección nutrida con obras de distintas editoras. Ás 19:00 farase a presentación oficial da colección Módicos na galería Sargadelos de Santiago. Os Módicos comparten deseño común (aínda que sobre a base do logo de cada editora) e…

Continue reading

Presentación de Módicos 21st Maio 2010 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Boas: temos o honor de convidarvos á presentación de Módicos, un selo de libros de peto a un prezo moi baixo no que Urco Editora vai participar xunto a Rinoceronte Editora e, nun futuro, outras editoriais amigas. Todo isto grazas ao apoio que nos presta Toupa.net. A presentación será este martes 25 de maio ás 19:00 hrs. na Galería de Sargadelos. Estamos moi ilusionados co proxecto e cremos que será moi interesante tamén para todos…

Continue reading

A casa no confín 12th Maio 2010 – Posted in: Miscelánea, Novidades

Onte pola noite, unha lectora moi desconcertada fixo que nos désemos conta dun erro imperdoábel na nosa edición d’A casa no confín (grazas, Raquel). Como poderedes ver todos os que xa o tendes, o capítulo 12 non está incluído. Trátase dun erro de impresión, proceso que, desgraciadamente, escapa por completo do noso control. Pedímosvos unha desculpa sincera e sabede que xa estamos traballando para publicar unha versión da que poidamos presumir, na que incluiremos algunha…

Continue reading