Cart 0
O frío azul Continue reading...

“O frío azul”, de Ramón Caride, na súa edición definitiva e cunha capa de “Realidade Aumentada”

Urco editora publica a edición definitiva da premiada obra de Caride, con moito material adicional do autor e mais unha capa de “Realidade Aumentada” O frío azul, de Ramón Caride Ogando, acadou por unanimidade o Premio Lueiro Rey de Novela Curta en 2007. Catro anos máis tarde, en 2011, a súa versión castelá, publicada pola editorial Anaya, obtivo o Premio de literatura fantástica “El Templo de las Mil Puertas”, na categoría de mellor novela española…

Continue reading
libros para agasallar Continue reading...

Esta semana, libros de agasallo no web

Urco editora únese á celebración da semana do libro agasallando a todos os que merquen libros a través do web cun libro de balde. Hoxe, 23 de Abril, celébrase o día internacional do libro e a lectura. Como non podía ser doutro xeito, en Urco Editora sumámonos a esta celebración cunha iniciativa pensada para os nosos lectores. Todo aquel que merque calquera libro a través da nosa páxina web, recibirá de balde outro, a escoller entre os…

Continue reading
Cegoñas no fondo da ría Continue reading...

“Cegoñas no fondo da ría” ou unha outra Pontevedra

O novo traballo de Manuel Lourenzo González Cegoñas no fondo da ría é un conxunto de vinte e cinco relatos que recollen outros tantos episodios da historia de Pontevedra nos que os feitos reais se prolongan polos vieiros da fantasía a través de prodixiosos exercicios de imaxinación. Cunha traza de perfecta verosimilitude, vemos desfilar polas rúas antigas desta cidade persoeiros de proxeccción universal como Xulio César, o Preste Xan, Góngora, Carlos de Médici, don Dinís…

Continue reading

Morgante

Despois de tanto tempo, vovemos actualizar, si, seguimos vivos e con ganas de continuar. Hoxe abrimos cunha pequena recomendación: dous libros de Morgante edicións. Edicións Morgante é un pequeno selo ligado a Rinoceronte Editora, que nace con vocación de caixón de xastre: a única característica común a todo aquilo que publicamos é que nos guste. Fóra diso, a propia variedade de temas, estilos e formatos dá boa idea do seu eclecticismo. Os dominios de Golgur:…

Continue reading