O monstro metálico 31st Xullo 2010 – Posted in: Novidades

Nos próximos días, sairá outra novidade editorial neste verán cargado de lecturas para levardes á praia. Trátase d'”O monstro metálico” de Abraham Merritt, un dos grandes esquecidos da literatura pulp estadounidense. Inspiración da xeración de Lovecraft, foi rapidamente esquecido no panorama editorial, pensamos que inxustamente. Unha aventura estraña, inesperada, chea de escenarios terroríficos e de segredos estarrecedores. Unha novela de ciencia ficción que sorprenderá aos lectores do xénero.

Feliz lectura!