A casa no confín 12th Maio 2010 – Posted in: Miscelánea, Novidades

Onte pola noite, unha lectora moi desconcertada fixo que nos désemos conta dun erro imperdoábel na nosa edición d’A casa no confín (grazas, Raquel). Como poderedes ver todos os que xa o tendes, o capítulo 12 non está incluído. Trátase dun erro de impresión, proceso que, desgraciadamente, escapa por completo do noso control. Pedímosvos unha desculpa sincera e sabede que xa estamos traballando para publicar unha versión da que poidamos presumir, na que incluiremos algunha outra pequena corrección (grazas, Fer).

Calquera que mercase A casa no confín póñase en contacto connosco, mais xa vos adianto que nun par de semanas estaremos en condición de cambiarvos o libro pola versión corrixida na que xa estamos traballando.

De novo vos pedimos desculpas e esperamos contar coa vosa comprensión.