Fallo do primeiro premio “Antón Risco” de literatura fantástica 10th Decembro 2015 – Posted in: Uncategorized

I premio risco

I premio risco

Reunido en Ourense, no Restaurante “O Pingallo”, a quinta-feira día 10 de decembro de 2015, o xurado formado por Mario Regueira, Isabel Mociño, Mila da Aira, António Ságue e Joâo Madureira e actuando como vocais da Urco editora e sen voto, Tomás González Ahola e David Cortizo Conde, decidiuse que, de entre as dezaoito obras recibidas, o primeiro premio Antón Risco de literatura fantástica recae sobre a obra presentada baixo o título “Querido H.P.L” que, logo da apertura da plica, resultou ser da autoría de Antonio Manuel Fraga Allegue.

Asemade, pola súa calidade, o xurado tamén decidiu nomear finalista a obra “Peixe Babel”, da autoría de Carlos Quiroga, que será premiada coa súa publicación.

En Ourense, 10 de decembro de 2015