De volta do Cultur.gal 9th Decembro 2008 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial, Novidades – Tags: , ,

Xa estamos de volta do Cultur.gal e en proceso de retorno á rutina e organización dos novos proxectos.

A nosa experiencia nesta feira das industrias culturais non puido ser máis positiva. Coñecimos unha chea de xente interesante do sector, presentamos Gallaecia cunha enorme acollida por parte do público asistente, démosnos a coñecer entre os visitantes e os expositores, saímos cunha chea de proxectos novos baixo do brazo etc.

Malia algúns problemas de organización e o cansazo que supuxo estarmos catro días completos metidos no pazo de congresos atendendo o stand, a nosa valoración do Cultur.gal é excelente, e seguramente participaremos tamén o próximo ano (sempre que nos deixen repetir, claro está).

Temos a esperanza de que a partir deste evento, Urco editora comece a medrar e a levar un bo ritmo de publicacións, que desgraciadamente tivemos que truncar durante uns meses por varias cuestións.

Deixámosvos unhas cantas fotos do Cultur.gal sacadas polo amigo Dorfun, entre as que hai varias da presentación de Gallaecia e da sinatura de exemplares no noso stand.

Belén Regueira e Chévere