Cart 0

Últimas novidades! Frescos e con recendo a tinta, os últimos títulos de Urco editora

Bestsellers Os libros mais vendidos este ano

En destaque

panel-fantasia-1

A historia da literatura fantástica A exposición itinerante máis fantástica para centros de ensino e bibliotecas

Entre as actividades de dinamización e promoción do libro e a lectura que oferta Urco editora para centros de ensino, bibliotecas e librarías, destaca a exposición “A historia da literatura fantástica”.

Devandita exposición componse de 7 paneis ríxidos de 70×100 centímetros preparados para pendurar na biblio, nos corredores, na aula, no salón de actos ou onde se queira.

Os paneis abranguen desde o nacemento da literatura fantástica da man do mito e o fenómeno relixioso até o desenvolvemento da mesma na nosa lingua, pasando pola novela gótica, o pulp, a fantasía épica tolkiniana, os distintos subxéneros que se desenvolveron no século XX e moito máis, para ofrecer unha panorámica xeral deste xénero tan demandado por lectoras e lectores de todas as idades.

Tamén ofrecemos unha charla sobre a mesma por parte dun dos nosos especialistas en literatura fantástica.

Para coñeceres as opcións de empréstito ou compra desta exposición só tes que pórte en contacto connosco a través do mail info@urcoeditora.com ou no teléfono 881 972 245.

Campionato-obradoiro de Ophiusa, a terra dos mil ríos Un divertido campionato-obradoiro do xogo de cartas do reino da Galiza

Ophiusa, a terra dos mil ríos, é un xogo de cartas para todas as idades centrado na historia do reino da Galiza.

As 54 cartas que o compoñen abranguen os feitos máis sobranceiros da nosa historia, desde a funcación do Reino Suevo no 410 até a catástrofe do Prestige en 2002.

Desde Urco editora ofrecemos unha actividade de obradoiro-campionato para o teu centro de ensino, biblioteca ou libraría, da man dos seus creadores José María Picón e Fernando M. Cimadevila.

Podes consultar as condicións no noso correo info@urcoeditora.com ou no teléfono 881 972 245

Blog As últimas novas no noso blog

Nas redes sociais Rexoubes e atualidade da nosa vida diaria

[instagram-feed]