Beni Yáñez
Mostrando o único resultado
Benigno Yáñez Pérez (Boiro, 1987).
Licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela en 2009.
Traballou na Cadena SER e no Diario de Arousa, onde actualmente exerce como redactor xefe.
Como divulgador científico publicou na obra colectiva Días Fantásticos. La Ciencia de Pasarla Bien, unha antoloxía que a Universidade de Caldas (Colombia) editou en 2014 na súa colección «Luminautas», para achegar diferentes xéneros a estudantes de Secundaria. No ano 2015 foi finalista en Barcelona nos Premios Inspiraciencia de relato científico que convoca o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
Os Donos das Cinsas é a súa primeira incursión na novela, campo no que se estrea acadando o XVII Premio Risco de Creación Literaria.