Moito se ten falado das IA, mais, desta volta, imos escoitalas a elas. Sobre todo a unha delas: LIDIA. Ou mellor dito, ímola ler, porque o seu dominio é a escrita e vainos relatar a súa historia, a evolución das máquinas lingüísticas intelixentes. Case unha sorte de saga familiar onde as xeracións veñen marcadas polo desenvolvemento da industria; indo dende limitadas máquinas tradutoras até sistemas con capacidade de comprensión de textos moi diversos, cos que construirán o seu propio discurso e a súa identidade. E loitarán polo seu dereito a existir.
A simulación computacional, a recursión como estrutura da sintaxe que se traspasa á narración, a diverxencia como clave do coñecemento, son protagonistas de Limiar de conciencia. Tamén a literatura, a narración como alimento esencial das psiques, humanas ou de síntese.
Limiar de conciencia Cris Pavón Alcaián
AlcaiánMoito se ten falado das IA, mais, desta volta, imos escoitalas a elas. Sobre todo a unha delas: LIDIA. Ou mellor dito, ímola ler, porque o seu dominio é a escrita e vainos relatar a súa historia, a evolución das máquinas lingüísticas intelixentes. Case unha sorte de saga familiar onde as xeracións veñen marcadas polo desenvolvemento da industria; indo dende limitadas máquinas tradutoras até sistemas con capacidade de comprensión de textos moi diversos, cos que construirán o seu propio discurso e a súa identidade. E loitarán polo seu dereito a existir.
A simulación computacional, a recursión como estrutura da sintaxe que se traspasa á narración, a diverxencia como clave do coñecemento, son protagonistas de Limiar de conciencia. Tamén a literatura, a narración como alimento esencial das psiques, humanas ou de síntese.
19,00 €
| Título | |
|---|---|
| Colección | |
| Autor | |
| Nº de páxinas | |
| Formato | |
| ISBN | |
| Prezo |





