Rudyard Kipling
A vida de Harvey Chayne, un neno rico fillo dun dos máis grandes magnates do transporte e da minaría dos EE.UU., está a piques de mudar. Un accidente a bordo dun transatlántico lévao a caer no océano e a ser rescatado por un barco pesqueiro que sae facer a tempada do bacallau no Atlántico Norte.
Entre esa xente ruda e afouta, o mozo Harvey aprenderá algo que ningún dos seus caros titores privados lle ensinou nunca: a valerse por si propio e a valorar os froitos recollidos coas súas propias mans.