Rudyard Kipling
Mostrando o único resultado
Rudyard Kipling (1865-1936) foi un poeta, novelista, xornalista e aventureiro británico que pasou a meirande parte da súa vida na India, lugar que lle serviu de inspiración para moitas das súas obras.
Malia a súa dilatada carreira como escritor, a día de hoxe é coñecido principalmente pola súa novela “The Jungle Book”, levada múltiples veces ao cinema e outros medios, e polo relato longo “The Man Who Would Be King”, cuxa adaptación cinematográfica se converteu nunha película de culto a día de hoxe.
A influencia da masonaría no seu pensamento, a súa particular experiencia do colonialismo occidental na India e a súa curiosidade innata, que o levou a vivir toda clase de experiencias, moldearon o seu espírito aventureiro e curioso, o mesmo que reflicte na súa narrativa, moi viva e vixente aínda a día de hoxe.