Elvira Ribeiro
Mostrando o único resultado
Nacín en Pontevedra en 1971, cando soaba na radio “Me and Bobby McGee” da rabuda da Janis Joplin; o mesmo ano en que a historiadora da arte e escritora norteamericana Linda Nochlim se preguntaba “Por que non houbo grandes mulleres artistas?” Desde pequena (tamén rabuda e facéndome preguntas) interesoume a literatura, especialmente a poesía, aínda que teño moitos outros intereses (a lingua, as artes plásticas, o cinema, a música, a fotografía, o ser humano, a bioloxía, as cadelas coas que comparto a vida…). Publiquei algo máis de media ducia de libros e, grazas á literatura, voei a algúns lugares polo mundo adiante. Aínda gusto de voar, mais sempre sempre sen que me recorten as ás.
