Elvira Ribeiro

Mostrando o único resultado

Nacín en Pontevedra en 1971, cando soaba na radio “Me and Bobby McGee” da rabuda da Janis Joplin; o mesmo ano en que a historiadora da arte e escritora norteamericana Linda Nochlim se preguntaba “Por que non houbo grandes mulleres artistas?” Desde pequena (tamén rabuda e facéndome preguntas) interesoume a literatura, especialmente a poesía, aínda que teño moitos outros intereses (a lingua, as artes plásticas, o cinema, a música, a fotografía, o ser humano, a bioloxía, as cadelas coas que comparto a vida…). Publiquei algo máis de media ducia de libros e, grazas á literatura, voei a algúns lugares polo mundo adiante. Aínda gusto de voar, mais sempre sempre sen que me recorten as ás.

Elvira Ribeiro
Nacín en Pontevedra en 1971, cando soaba na radio “Me and Bobby McGee” da rabuda da Janis Joplin; o mesmo ano en que a historiadora da arte e escritora norteamericana Linda Nochlim se preguntaba “Por que non houbo grandes mulleres artistas?” Desde pequena (tamén rabuda e facéndome preguntas) interesoume a literatura, especialmente a poesía, aínda que teño moitos outros intereses (a lingua, as artes plásticas, o cinema, a música, a fotografía, o ser humano, a bioloxía, as cadelas coas que comparto a vida...). Publiquei algo máis de media ducia de libros e, grazas á literatura, voei a algúns lugares polo mundo adiante. Aínda gusto de voar, mais sempre sempre sen que me recorten as ás.