Ramón Caride
Mostrando tódolos 3 resultados
Ramón Caride Ogando (Cea, Ourense, 1957) é biólogo e profesor de ensino secundario en Cambados, e é dono dunha longuísima traxectoria na nosa literatura. Leva publicadas máis de cincuenta obras. Cultiva todos os xéneros ―a narrativa, a poesía, o xornalismo e mesmo o teatro infantil― e está en posesión dalgúns dos premios máis salientábeis das letras galegas: o Blanco Amor e o Café Dublín de novela, o Cidade de Ourense de poesía, o Lueiro Rey de narrativa breve, o Risco de literatura infantil, ou o Frei Martín Sarmiento, outorgado polos lectores mozos en tres ocasións.
En 1992 publicou a novela Soños eléctricos, alicerce da nova ficción científica en galego. Outra das súas obras máis recoñecidas dentro do xénero fantástico é O sangue dos camiños (2014).
A súa pentaloxía de ficción para lectores novos, protagonizada por Said e Sheila, iniciada con Perigo Vexetal (Premio Merlín 1995), supuxo un fito na literatura xuvenil galega. En 2011 iniciou, con Exogamia 0.3, unha nova serie de fantasía científica.
Con Urco Editora publicou en 2014 Flash-Back 13, antoloxía dos seus relatos fantásticos; en 2015 O frío azul, obra publicada orixinalmente en 2007, pola que gañou o Premio Lueiro Rey e que presentamos nunca coidada edición definitiva, e que en 2011, a tradución homónima alzouse co Premio Templis á mellor novela española independente de fantasía publicada nese ano. Ademais de O frio azul, nese mesmo ano, Caride participa en Plug&Play, a primeira antoloxía de ciencia ficción erótica que publicou Contos Estraños, un selo de Urco Editora.
En 2016 volveu contar con esta casa para publicar, O soño das cores, obra dirixida ao público infantil, un fermoso relato inspirado nas paisaxes e mitoloxía da cultura zapoteca de Centroamérica. Tamén en 2016 publicou o relato Otsabilko 20.51, na antoloxía Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal, editada por Urco editora en colaboración coa Fundación Vicente Risco.