Cart 0
O bosque de alén do mundo

O bosque de alén do mundo William Morris ,

Esta é a historia de Walter o Dourado, que tras unha treboada acaba co seu barco nas costas dun país estraño gobernado por unha gran Señora de incríbel beleza e maldade. Walter terá que enfrontarse a innumerábeis perigos axudado por unha misteriosa doncela e abrirse camiño nas paraxes cheas de misterios do Bosque de alén do Mundo, a través do país dos homes-oso e da Terra Escarpada.

13,95 

Product ID: 1843 Categories: , . Tags: , .

William Morris

Esta é a historia de Walter o Dourado, que tras unha treboada acaba co seu barco nas costas dun país estraño gobernado por unha gran Señora de incríbel beleza e maldade. Walter terá que enfrontarse a innumerábeis perigos axudado por unha misteriosa doncela e abrirse camiño nas paraxes cheas de misterios do Bosque de alén do Mundo, a través do país dos homes-oso e da Terra Escarpada.
O bosque de alén do mundo é quizais a primeira obra moderna de fantasía épica, precursora directa da narrativa de J.R.R. Tolkien e C.S. Lewis. Morris bebe directamente da tradición do roman medieval para modelar o seu mundo de fantasía e as súas personaxes, cunha grande importancia do elemento sobrenatural e unha clara influencia dos mitos nórdicos, dando vida así a un xénero que décadas máis tarde acabará por se asentar definitivamente coa publicación de O señor dos aneis.

Título

O bosque de alén do mundo

Colección

Fantasía

Autor William Morris
Tradutor

Tomás González Ahola

Nº de páxinas

220

Formato

133x210mm

ISBN

978-84-937572-1-2

Prezo

13,95€