Cart 0

Urco editora é unha empresa editorial nacida en 2007 que veu encher un oco histórico no sistema literario galego: a publicación sistemática e especializada de literatura de fantasía, ciencia ficción e terror. Até agora a escasa presenza destes xéneros na literatura traducida estaba fragmentada en distintas editoriais e coleccións, catalogada especialmente baixo os criterios de «clásicos» ou de «literatura xuvenil». Por isto URCO foi pioneira na achega sistemática destes tres xéneros ao público galego.

Os nosos títulos divídense nas seguintes coleccións:

Urco Gótica: Literatura traducida de xénero gótico e terrorífico. Baixo esta colección temos publicados, entre outros, autores como Edgar Allan Poe, H.P. Lovecraft, William Hope Hodgson, Sheridan Le Fanu ou Bram Stoker.

Urco Fantasía: Colección dedicada á literatura traducida de xénero fantástico. Dentro dela podemos destacar a “Biblioteca Conan” de Robert E. Howard ou as obras pioneiras da fantasía épica de William Morris.

Urco Ciencia Ficción: É o fogar das obras traducidas do xénero de anticipación e de ficción científica. Dentro desta colección podemos destacar obras como “O xogo de Ender”, de Orson Scott Card, boa parte da produción de ficción científica de Jack London ou algunhas obras de Jules Verne.

Alcaián: A colección Alcaián nace en 2010 para dar cabida a aqueles textos escritos en galego que se adscriben nos xéneros nos que se especializa a editora. A colección converteuse en pouco tempo nun grande éxito ante a puxanza dunha nova xeración de escritoras e escritores de fantasía. Dentro da colección cabe destacar a serie de novelas “O mundo secreto de Basilius Hoffman“, cuxa primeira entrega axiña se converteu no libro máis vendido desta editora.

Biblioteca Niké: A Biblioteca Niké de versos, vidas e pensamento é unha colección que nace paralela ao proxecto central da editorial para dar unha saída a certos proxectos que, malia que afastados da liña principal e histórica de Urco, consideramos moi interesantes ou fundamentais para a cultura do país. Dentro da Biblioteca Niké podemos destacar, por exemplo, a o Compendio de Gramática Galega, do profesor Xavier Frías ou a briografía de José Silvent, o monicrequeiro Barrigaverde, entre outros.

Urco Xuvenil: Ante a demanda de literatura fantástica por parte de xeracións cada vez máis novas, en 2014 nace a colección Urco Xuvenil, na que se publican textos destes xéneros orientados aos lectores que se achan nas distintas etapas do ensino secundario.

Urco Infantil: Esta colección está pensada para cubrir o único segmento de idade ao que a nosa editora aínda non chegaba: o dos primeiros lectores. É un lugar onde a fantasía cobra o seu significado máis puro e cumpre o seu obxectivo máis nobre: alimentar a imaxinación dos máis cativos. Dentro desta colección temos que destacar Os libros da merenda, unha serie de libros de baixo custe pero de alto poder de entretemento, ideais para que os máis cativos da casa pasen un bo anaco lendo e coloreando.

 

O noso xeito de traballar

A nosa ética profesional lévanos a establecer unha serie de criterios, algúns deles pouco ao uso no mercado editorial actual, como son: