Cart 0

José Ángel Ares

Showing all 0 results

CHÁMOME JOSÉ ÁNGEL ARES GARCÍA E SON DEBUXANTE.

Comecei debuxando nas paredes da casa e despois comprendín que facelo en papel sería máis práctico e axudaría a ter mellor ambiente familiar. A partir daquela todo foidebuxar sen parar até que, logo de entrar no mundo da Internet, comecei a invadir o tempo de quen se foi deixando, por medio dun blog no que subía os meus avances, á vez que fun coñecendo profesionais e autores de diferentes partes do mundo.

Que bos tempos aqueles! Todo era ilusión, todo estaba por descubrir. Mesmo semellaba que estaba a debuxar con xeito.PASADOS OS ANOS DESCUBRO QUE NON, E QUE, ALÉN DE NON PARAR DE DEBUXAR, TAMÉN É PRECISO AFASTARSE DA ZONA DE CONFORT QUE RESULTA A CRÍTICA AMISTOSA.

Comezo a colaborar con xente en tiras cómicas, debuxos soltos para artigos e algo de banda deseñada.

Vin resultados pola primeira vez ao dar o salto profesional cos currantes de Urco Editora , que me propuxeron ilustrar a portada e os interiores dunha antoloxía de relatos sobre Solomon Kane, de Robert E. Howard, en 2010.

Á fin desembarco no mar de papel e continúo a facer portadas e ilustracións para antoloxías como Contos Estraños ou Ilusionaria.Subo o nivel ao me encargar da portada e os interiores da serie de libros infantís «As aventuras do Apalpador», co escritor Fernando M. Cimadevila, de Contos Estraños editora, case ao mesmo tempo que dou o salto á BD profesional con Rosa y Javier, de Paco Hernández no ano 2013 para Edicions De Ponent.

A partir de 2014 retomo a tira cómica na Internet con «Draw it yourself», bandas deseñadas breves para a antoloxía dixital Magnificent 7+1, ilustracións para diferentes frontes como o disco … On Stage de David Regueiro, dous dos tres libros que conforman a triloxía As Crónicas de Bran, de Xosé Duncan, a exposición na Universidad de Deusto «Lekuan-lekulo Mitoloxías», storyboards para a película El Desconocido, de Daniel de la Torre, e a miña segunda BD profesional Bitcoin: la caza de Satoshi Nakamoto, xunto a Josep Busquet para Dibbuks.

En 2015 repito con Busquet e realizo a miña terceira BD, Independencia?, alén de me encargar das portadas da liña xuvenil de Urco Editora.

Durante 2016 sairá á venda a miña cuarta BD: El rey de la Carretera, para Aleta Ediciones.

SE O MUNDO NON ACABA, SEGUIREI A DICIR SE TODO ISTO FOI PARA BEN OU PARA MAL. ..

No products were found matching your selection.