Jacobo Sánchez-Feijóo
«Tantos anos sendo fume. Tantos anos vivindo nas esquinas da nada. Tantos anos, tantos plans, tantas preocupacións. E agora chegas ti. Esquécete de nós. Non estamos aquí».
O mundo cambia; adaptarse ou morrer. A nosa sociedade aséptica e altamente tecnificada converteuse na contorna perfecta para disolver historias perdidas na néboa do tempo. «Os Discretos» vagan entre nós sen ser vistos, apenas ourizando as calugas dalgúns sagaces que logo esquecen. Sombras famentas e outros contos para ler de noite.
J., home estudoso dos non-mortos, segue o seu instinto e introdúcese nun mundo esquecido de antigos perdedores, rémoras e vítimas, unha rede social oculta que resulta repelente e fascinante á vez, «abafadora» diría J. Alí, da man de Karlief, probará na súa alma o amargo murmurio da soidade dos condenados.