Rubén Arturo Terré Lameiro
Nunha época de crecente interese polo estudo dos viquingos fanse precisos libros que poñan en valor o patrimonio que respecto a esta cuestión temos na comarca do Salnés. Este libro creouse con esa idea e combina unha gran cantidade de imaxes e textos, xunto con mapas detallados da Europa Altomedieval, dos ataques viquingos en Galiza e mesmo de cuestións de comercio e relixión. Resultará interesante e de grande axuda para todos aqueles que estean interesados en explorar as acometidas que viquingos como jorn Costado de Ferro (Fillo de Ragnar Lodbrock(, Úrlf o Galego ou Olaf Haraldsson (Santo Olaf) realizaron no que eles chamaban Jacoksland, a terra do apóstolo Santiago.