O Talón de Ferro Jack London ,

,

Tras catro séculos de dominio da oligarquía, a sociedade finalmente libérase e alcanza o soño dun mundo onde a igualdade e o respecto dominan a vida da Humanidade. Mais a xente non debe esquecer do que foi capaz a represión do Talón de Ferro polo que se publica un manuscrito do século XX no que se narra como comezou todo.

Avis Everhard, filla da burguesía que decide unirse ao proletariado por convicción, conta os feitos que desencadearon a represión do Talón de Ferro na primeira metade do século XX. Ernest Everhard, un dos líderes socialistas da época e esposo da autora, convértese no fío condutor dunha narración que percorre os últimos intentos dunha sociedade oprimida por sobrevivir ante o imparábel avance da oligarquía en todo o mundo.

Como fai en A praga escarlata, Jack London parte dun feito fantástico para describir cunha certeza terrorífica a situación na que se atopa o proletariado na primeira metade do século XX. Mais O talón de ferro vai aínda alén, xa que describe o enfermizo funcionamento do capitalismo e anticipa todos os problemas e crises que provocará e que, hoxe con máis forza que nunca, estamos a padecer.

→ Este volume forma parte da Biblioteca London Dixital, onde tes ao teu dispor a nosa edición da obra completa do autor de forma gratuíta en formato ePub, para ler no teu lector de libro electrónico favorito (ainda que nós recomendamos o PocketBook, que reproduce correctamente a tipografía e maqueta).

…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:

16,00 

Product ID: 1867 Categorías: , Etiquetas: , , ,
Título

O talón de ferro

Colección

Ciencia Ficción

Autor Jack London
Traductor

Tuula Ahola

Nº de páxinas

298

Formato

153x230mm

ISBN

978-84-937142-6-0

Prezo

16€