Título | |
---|---|
Colección | |
Autor | |
Traductor | Tuula Ahola |
Nº de páxinas | |
Formato | |
ISBN | |
Prezo |
O Talón de Ferro Jack London Ciencia Ficción, Tradución
Ciencia Ficción, TraduciónTras catro séculos de dominio da oligarquía, a sociedade finalmente libérase e alcanza o soño dun mundo onde a igualdade e o respecto dominan a vida da Humanidade. Mais a xente non debe esquecer do que foi capaz a represión do Talón de Ferro polo que se publica un manuscrito do século XX no que se narra como comezou todo.
Avis Everhard, filla da burguesía que decide unirse ao proletariado por convicción, conta os feitos que desencadearon a represión do Talón de Ferro na primeira metade do século XX. Ernest Everhard, un dos líderes socialistas da época e esposo da autora, convértese no fío condutor dunha narración que percorre os últimos intentos dunha sociedade oprimida por sobrevivir ante o imparábel avance da oligarquía en todo o mundo.
Como fai en A praga escarlata, Jack London parte dun feito fantástico para describir cunha certeza terrorífica a situación na que se atopa o proletariado na primeira metade do século XX. Mais O talón de ferro vai aínda alén, xa que describe o enfermizo funcionamento do capitalismo e anticipa todos os problemas e crises que provocará e que, hoxe con máis forza que nunca, estamos a padecer.
…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:
16,00 €