Título | Conan 5 |
---|---|
Colección | Fantasía |
Autor | Robert E. Howard |
Tradutor | Tomás González Ahola |
Nº de páxinas | 244 |
Formato | 153x230mm |
ISBN | 978-84-15699-21-7 |
Prezo | 16€ |
Conan 5 Robert E. Howard Biblioteca Conan, Fantasía, Tradución
Biblioteca Conan, Fantasía, TraduciónDámosvos a benvida á derradeira e máis grande das aventuras de Conan de Cimmeria, que foi bárbaro, mercenario, pirata, aventureiro e mil cousas máis. Logo de se converter en rei de Aquilonia, verá o seu trono ameazado polos poderes escuros dun feiticeiro traído de novo á vida desde os abismos do tempo e que naceu miles de anos atrás no reino perdido e abominábel de Aqueron.
Conan terá que percorrer de novo unha boa pate de Hyboria, onde lembrará as diferentes vidas da súa xuventude, para acadar o único obxecto de poder co que se enfrontar ás artes nigrománticas do seu peor inimigo.
Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntase a única novela longa deste personaxe que Howard escribiu en vida e que pon fin ás súas aventuras segundo a cronoloxía interna das obras.
…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:
16,00 €