| Título | |
|---|---|
| Colección | |
| Autor | |
| Tradutor | |
| Nº de páxinas | |
| Formato | |
| ISBN | |
| Prezo |
Conan 1 Robert E. Howard Biblioteca Conan, Fantasía, Tradución
Biblioteca Conan, Fantasía, TraduciónAquí comeza a historia mítica de Conan de Cimmeria, pirata, ladrón, soldado de fortuna e unha infinidade de profesións máis.
Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntanse as primeiras cinco historias deste personaxe, segundo a cronoloxía interna da obra, e mais un ensaio sobre o seu mundo, a mítica era hyboriana.
Contidos:
A era Hyboriana (ensaio)
Deuses do norte
A torre do elefante
Ladróns na casa
Sombras no luar
O coloso negro
→ Este volume forma parte da Biblioteca Howard Dixital, onde tes ao teu dispor a nosa edición da obra completa do autor de forma gratuíta en formato ePub, para ler no teu lector de libro electrónico favorito (ainda que nós recomendamos o PocketBook, que reproduce correctamente a tipografía e maqueta).
…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:
16,00 €





