Título | |
---|---|
Colección | |
Autor | |
Tradutor | |
Nº de páxinas | |
Formato | |
ISBN | |
Prezo |
Biblioteca Lovecraft 10. Alén do muro do soño e outros contos macabros H.P. Lovecraft Biblioteca Lovecraft, Gótica, Tradución
Biblioteca Lovecraft, Gótica, TraduciónVelaquí un Lovecraft novo, fresco, cargado de forza xuvenil que trae lembranzas dos grandes clásicos do xénero sobrenatural. Edgar Allan Poe, Arthur Machen, William Hope Hodgson, Lord Dunsany… podemos ouvir ecos de todos eles nos relatos que se recompilan neste volume, contos todos eles escritos entre 1917 e 1920. Achámosnos, daquela, nos primeiros traballos publicados do Solitario de Providence, moi debedores dos pioneiros que arriba mencionamos, mais nos que xa se ve ás claras o xermolo do grande narrador de pesadelos do século XX. As tumbas e as posesións fantasmais altérnanse con ese xa ben coñecido temor atávico ao mar, os cultos impíos, as civilizacións dun pasado inimaxinábel, as deidades das estrelas… Este libro supón unha pedra de toque, un punto de unión no que se equilibra, dunha banda, a tradición terrorífica do XIX e por outra, o novo terror materialista que o propio Lovecraft levou até as cotas máis elevadas.
Tamén podes descargar só un dos relatos deste volume en ePub, publicado na nosa colección eLibriscos: O Ancián Terríbel - un relato de H. P. Lovecraft (296 downloads ) .
…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:
14,00 €