Alén do remuíño Roberto A. Rodrigues

Urco Xuvenil incorpora unha nova obra escrita por Roberto A. Rodrigues, Alén do remuíño.

Xoel posúe unha imaxinación portentosa. Pode ver dragóns alí onde os demais só ven lagartas, sereas nadando nos charcos, un rabaño pastando na lúa, gnomos choutando no arco da vella…máis este don marabilloso tan só semella traerlle desgrazas.

Un novo traslado no traballo do seu pai obríago a cambair de escola, e hoxe precisamente é o primeiro día. A expericencia resulta traumática e algúns compañeiros recíbeno con formas pouco amábeis. Malia que Xoel trata de evitar problemas, á fin hase ver inmiscido en asuntos disciplinarios.

Entristecido, asume que o seu maxín voador é unha negra maldición. Porén no momento de cumplir o castigo, desencadeanse uns misteriosos acontecementos que lle farán compreder que nesta vida nada é o que parece, e que hai no mundo cousas invisíbeis que, moitas veces, son máis importantes que aquelas que se ven.

→ Este volume está disponíbel para empréstimo gratuíto na biblioteca dixital da Xunta de Galicia, GaliciaLe, para ler no teu software de libro electrónico favorito (ainda que nós recomendamos o PocketBook, que reproduce correctamente a tipografía e maqueta).

…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:

11,00 

Product ID: 2234 Categoría: Etiquetas: , , ,