| Título | |
|---|---|
| Colección | |
| Autor | |
| Tradutor | |
| Nº de páxinas | |
| Formato | |
| ISBN | |
| Prezo |
Biblioteca Lovecraft 8. A procura soñada de Kadath a Descoñecida H.P. Lovecraft Biblioteca Lovecraft, Gótica, Tradución
Biblioteca Lovecraft, Gótica, TraduciónCoa publicación de A procura soñada de Kadath a descoñecida chegamos ao oitavo volume da Biblioteca Lovecraft, colección que pretende traer o mellor da narrativa lovecraftiana á lingua galega.
H.P. Lovecraft escribiuna en 1926, mais foi publicada pola primeira vez seis anos logo do seu falecemento. Trátase do texto de maior extensión do “ciclo do soño” e nela atopamos un dos personaxes recorrentes do autor de Providence: o anticuario e antigo estudante da Universidade de Miskatonic Randolph Carter quen, mergullado nun mundo onírico e por veces alucinante, percorrerá escenarios dun universo alternativo como a cidade de Ulthar, o porto de Dylath-Leen ou o cumio do Ngranek, que se ergue na illa de Oriab e se verá rodeado de personaxes como os zoogs do Bosque Encantado ou os perversos shantaks.
…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:
14,00 €





