Cart 0
O frío azul Continue reading...

“O frío azul”, de Ramón Caride, na súa edición definitiva e cunha capa de “Realidade Aumentada” 1st Xullo 2015 – Posted in: Alcaián, Mundo editorial, Novidades, Uncategorized

Urco editora publica a edición definitiva da premiada obra de Caride, con moito material adicional do autor e mais unha capa de “Realidade Aumentada” O frío azul, de Ramón Caride Ogando, acadou por unanimidade o Premio Lueiro Rey de Novela Curta en 2007. Catro anos máis tarde, en 2011, a súa versión castelá, publicada pola editorial Anaya, obtivo o Premio de literatura fantástica “El Templo de las Mil Puertas”, na categoría de mellor novela española…

Continue reading
Non hai luz sen escuridade Continue reading...

“Non hai luz sen escuridade”, de Andrea Barreira 28th Abril 2015 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Coa primavera continúan as novidades en Urco Editora, e desta volta tócalle á Colección Xuvenil. Non hai luz sen escuridade é a primeira novela da brañega Andrea Barreira e cóntanos a historia de Lea, a Princesa da Escuridade, que leva desde que era unha nena a se debater entre o que os seus pais agardan dela e o medo que lle dá aquilo en que pode converterse. Cando chega o momento de facer a viaxe que a…

Continue reading
Cegoñas no fondo da ría Continue reading...

“Cegoñas no fondo da ría” ou unha outra Pontevedra 21st Abril 2015 – Posted in: Alcaián, Mundo editorial, Novidades

O novo traballo de Manuel Lourenzo González Cegoñas no fondo da ría é un conxunto de vinte e cinco relatos que recollen outros tantos episodios da historia de Pontevedra nos que os feitos reais se prolongan polos vieiros da fantasía a través de prodixiosos exercicios de imaxinación. Cunha traza de perfecta verosimilitude, vemos desfilar polas rúas antigas desta cidade persoeiros de proxeccción universal como Xulio César, o Preste Xan, Góngora, Carlos de Médici, don Dinís…

Continue reading
o terror sobrenatural na literatura Continue reading...

A «Biblioteca Lovecraft» supera o seu ecuador cunha novela longa e un ensaio 14th Abril 2015 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Chegan ás librarías os volumes VIII e IX da «Biblioteca Lovecraft», cos títulos A procura soñada de Kadath a descoñecida e O terror sobrenatural na literatura A publicación da «Biblioteca Lovecraft» avanza inexorábel xa superado o seu ecuador. Deixamos atrás o chamado «Ciclo de Cthulhu», que se compón dos relatos e novelas curtas máis recentes e asemade máis coñecidos do autor de Providence. Logo, internámonos no «Ciclo do Soño», que fechamos co volume VIII: A…

Continue reading

Xa están aquí… 25th Abril 2008 – Posted in: Novidades

Hoxe toca facer paquetes, preparar envíos, imprimir facturas e notas de entrega etc. Onte chegaron os novos libros a iso das 20:30 da tarde e claro, comeza o reparto! Hoxe prepararemos os paquetes para subscritores, que levarán un marcapáxinas e un urcocolante de regalo, como se pode (ou non) observar na foto. Tamén faremos a distribución en Compostela, co que mañá xa estarán Howard e Chambers nos escaparates da capital. Os novos libros son Relatos…

Continue reading