Cart 0
O frío azul Continue reading...

“O frío azul”, de Ramón Caride, na súa edición definitiva e cunha capa de “Realidade Aumentada” 1st Xullo 2015 – Posted in: Alcaián, Mundo editorial, Novidades, Uncategorized

Urco editora publica a edición definitiva da premiada obra de Caride, con moito material adicional do autor e mais unha capa de “Realidade Aumentada” O frío azul, de Ramón Caride Ogando, acadou por unanimidade o Premio Lueiro Rey de Novela Curta en 2007. Catro anos máis tarde, en 2011, a súa versión castelá, publicada pola editorial Anaya, obtivo o Premio de literatura fantástica “El Templo de las Mil Puertas”, na categoría de mellor novela española…

Continue reading
Cegoñas no fondo da ría Continue reading...

“Cegoñas no fondo da ría” ou unha outra Pontevedra 21st Abril 2015 – Posted in: Alcaián, Mundo editorial, Novidades

O novo traballo de Manuel Lourenzo González Cegoñas no fondo da ría é un conxunto de vinte e cinco relatos que recollen outros tantos episodios da historia de Pontevedra nos que os feitos reais se prolongan polos vieiros da fantasía a través de prodixiosos exercicios de imaxinación. Cunha traza de perfecta verosimilitude, vemos desfilar polas rúas antigas desta cidade persoeiros de proxeccción universal como Xulio César, o Preste Xan, Góngora, Carlos de Médici, don Dinís…

Continue reading