Cart 0

Os libros de Urco Editora están distribuídos polo Consorcio Editorial Galego en practicamente todas as librarías do país. Se non atopas algún dos nosos libros na túa libraría, pídello ao teu libreiro, que contactará coa nosa distribuidora para cho serviren nun prazo moi breve.

Tamén podes mercar os nosos libros directamente no noso local, na rúa do Avío 11, en Compostela, ou a través da nosa tenda en liña, e enviámoschos á túa casa. Os títulos dispoñíbeis para a compra por internet teñen no noso catálogo un botón que che permite engadilos ao carriño da compra para mercalos.

Finalmente, lembra que temos un servizo de novidades ao que te podes subscribir, e co que recibes os libros con desconto e gastos de envío de balde!