Cart 0

O novo minilibro está aqui! 21st Maio 2008 – Posted in: Novidades

Velaquí o minilibro que sairá este mes xunto con Planilandia, trátase do relato de Washington Irving “A lenda da rosa da Alhambra”, do seu libro Contos da Alhambra. Como sempre, miniprezo de 2,50 €, a partir da semana que ven (esperemos) nas mellores librarías.

Continue reading

Ragnarok: a apocalipse segundo os viquingos 20th Maio 2008 – Posted in: Miscelánea, Novidades

Onte quedou definitivamente decidido o seguinte “especial” de Urco. Enténdase por especial algo como o noso primeiro título: O corvo, un libro que se sae da liña tanto en formato como en xénero. O seguinte sairá cara a finais de verán, supoñemos, e será o colmo do friquismo, unha tradución da Völuspá, o primeiro canto do Edda Maior, na que se relata o nacemento do mundo e mais o Ragnarok, a apocalipse.  O Edda Maior,…

Continue reading

Planilandia 5th Maio 2008 – Posted in: Novidades

Clásico entre os clásicos, Planilandia de Edwin A. Abbott está no Olimpo das obras pioneiras da sci-fi moderna. Mais non conta unha historia sobre viaxes a outros planetas, invasións alieníxenas nin máquinas do tempo; trátase da historia dun Cadrado, si, un Cadrado que vive en Planilandia e que ten a fortuna (ou desgraza) de coñecer o mundo das tres dimensións (o noso mundo). Aínda que en principio poida semellar un simple libro de divulgación matemática…

Continue reading

Descarga de Sleepy Hollow! 28th Abril 2008 – Posted in: Libros libres, Novidades, Software Libre

O prometido é débeda, e como non queremos quedar de mentireiros, velaquí está o primeiro “libro liberado” de Urco Editora: Sleepy Hollow e outros relatos, de Washington Irving. Como xa comentamos en anteriores posts, agora mesmo non temos tempo a actualizar a nosa web, logo de momento o documento quedará colgado no blogue á espera de que fagamos unha sección de descargas decente na nosa páxina. O libro vai en formato de texto plano e…

Continue reading

Xa están aquí… 25th Abril 2008 – Posted in: Novidades

Hoxe toca facer paquetes, preparar envíos, imprimir facturas e notas de entrega etc. Onte chegaron os novos libros a iso das 20:30 da tarde e claro, comeza o reparto! Hoxe prepararemos os paquetes para subscritores, que levarán un marcapáxinas e un urcocolante de regalo, como se pode (ou non) observar na foto. Tamén faremos a distribución en Compostela, co que mañá xa estarán Howard e Chambers nos escaparates da capital. Os novos libros son Relatos…

Continue reading

No prelo 9th Abril 2008 – Posted in: Novidades

Neste momento estarán imprimíndose os seguintes títulos de Urco Editora, aló por Villa y Corte, xa que de momento no noso país non achamos ninguén que nos iguale o prezo dos nosos impresores. Continuamos o formato mediano con Relatos de Terror Sobrenatural, de Robert E. Howard, unha escolma de catro contos do creador de Conan o Cimmerio dedicados aos horrores lovecraftianos. Inclúense os relatos “A pedra negra”, “Os fillos da noite”, “Os vermes da terra”…

Continue reading

Robert E. Howard e o terror sobrenatural 4th Abril 2008 – Posted in: Miscelánea, Novidades

O vindeiro luns entrará en imprenta o próximo título de Urco Editora: Relatos de terror sobrenatural, de Robert Erwin Howard. Se ben Howard é bastante coñecido por ser o pai de Conan, o bárbaro cimmerio levado posteriormente á banda deseñada e tamén ao cinema, non son demasiados os que coñecen a extensión da súa obra de xénero de terror sobrenatural. Como colega e discípulo de H.P. Lovecraft, Howard trata os temas dos horrores primixenios, a…

Continue reading