Cart 0

Urco estrea oficina 4th Setembro 2008 – Posted in: Miscelánea

Mañá venres día 5 de setembro ás 20:30h estades todos convidados á inauguración da nova oficina de Urco Editora, na rúa Santa Uxía de Ribeira número 2, baixo. A reforma foi un  traballo longo e pesado, que nos levou todo o verán pero que levamos adiante nós mesmos. Agardamos que agora que comezaremos a ter horarios de xente normal poidamos avanzar máis no traballo, actualizar este blogue con regularidade e montar a tenda en liña…

Continue reading

Proximamente: O retrato de Dorian Gray 26th Xuño 2008 – Posted in: Merchandising, Novidades

Despois dun retraso motivado por cuestións varias, entre elas a inminente apertura da nosa nova oficina, esperamos ter a seguinte novidade no prazo dun mes. Trátase da ben coñecida novela de Oscar Wilde O retrato de Dorian Gray, coa que estrearemos o novo formato de 230x153mm, para libros que superen certa extensión. De feito, se bulimos co proceso de edición (a tradución xa está feita), contamos con ter o libro no Festigal, onde compartiremos posto…

Continue reading

Misión cumprida! 4th Xuño 2008 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial, Novidades

Despois de dúas semanas de duro choio por fin podemos dicir: misión cumprida! Queda fechada a distribución das novidades en todos os nosos puntos de venda. Mais temos que expresar o noso máis sincero agradecemento a dous compañeiros indispensábeis: O primeiro deles, o Urcomóbil, que aínda que un tanto mentirán (en Vigo dicía que tiña combustíbel até que nos deixou tirados na rúa de Venezuela) é un marabilloso compañeiro de fatigas. O segundo dos nosos…

Continue reading

Urco Editora no CSC Fontiñas 2nd Xuño 2008 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial

Hai un par de semanas dixéronnos que se nos interesaba dar unha pequena chapa no Centro Sociocultural de Fontiñas, co gallo dunhas xornadas de rol e estratexia. Nós dixemos que si, claro, e aló fomos. O problema é que o Tomás xa tiña outro compromiso con eles para facer unha pequena exhibición de esgrima antiga en nome da asociación Casco Vello. E claro, alén disto viñamos de distribuír Lugo, feitos un asco, e velaquí o…

Continue reading

Actualización do blogue 30th Maio 2008 – Posted in: Miscelánea

Finalmente decidimos cargarnos a páxina web estática e quedarnos só co blogue, engadíndolle a información adicional que daba a susodita páxina estática. Agora mesmo xa habilitamos a sección de contacto, puntos de venda e títulos. Queda por facer a sección de subscrición e cambiar as DNS do dominio urcoeditora.com para que apunten aquí, cousa que faremos en breve. De momento, ao entrar en urcoeditora.com xa se redirecciona automaticamente ao blogue. Esperamos ter en breve unha…

Continue reading

Apadriña unha editora: Subscríbete a Urco 28th Maio 2008 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial

Como saberedes (ou non), un dos peares máis importantes grazas aos que pode funcionar Urco é ese grupo de persoas amábeis que decidiron subscribirse ás novidades da editora. Que como é iso de subscribirse? Pois é ben sinxelo. Cubres un formulario cos teus datos e inmediatamente pasas a formar parte dese exclusivo clube que forman os subscritores. A subscrición consiste en que recibes todas as nosas novidades comodamente no teu domicilio, gastos de envío pagos,…

Continue reading

Planilandia está aqui! 26th Maio 2008 – Posted in: Miscelánea, Novidades

O venres pasado foi día de tolos. Erguernos a primeirísima hora para ir distribuír Lugo. Resulta que no prelo se retrasara un pouco Planilandia e non daba chegado a Compostela, así que dixemos que mandasen os paquetes directamente á mensaxería de Lugo para facer a distribución aló aproveitando a feira do libro. E ben, chegamos, distribuímos baixo a chuva, comemos e voltamos para Compostela a todo gas porque había máis compromisos. Un servidor tiña que…

Continue reading

O Corvo I 22nd Maio 2008 – Posted in: Libros libres

Unha media noite estraña, mentres triste eu meditaba, sobre curiosos volumes de saberes ancestrais, a piques de estar durmido, sentín de súpeto un ruído, de algún petar fuxidío, suave sobre o meu portal —Unha visita —supuxen— que peta no meu portal é só isto, nada máis.  _________________ Once upon a midnight dreary, while I pondered, weak and weary, Over many a quaint and curious volume of forgotten lore — While I nodded, nearly napping, suddenly…

Continue reading

Urco na TVG (Miraxes, 17 de Maio) 21st Maio 2008 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial

Velaquí está o vídeo dos urcoeditores na TVG. A verdade é que o traballo dos rapaces de Miraxes foi impecábel, só polo feito de comezar a reportaxe con imaxes de O Corvo de Roger Corman merecen un aplauso. Temos que agradecerlles tamén o trato que tiveron connosco e o feito de facilitárennos unha copia en DVD do programa. Grazas! [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/UJ_SILRloxk” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Continue reading

O novo minilibro está aqui! – Posted in: Novidades

Velaquí o minilibro que sairá este mes xunto con Planilandia, trátase do relato de Washington Irving “A lenda da rosa da Alhambra”, do seu libro Contos da Alhambra. Como sempre, miniprezo de 2,50 €, a partir da semana que ven (esperemos) nas mellores librarías.

Continue reading