Xerardo Méndez

Nacido en Colón, Panamá, no 1964. Aos tres anos a familia regresa a Galicia, onde vive dende entón. Licenciado en Física, ten escrito os libros, O Cazador, O abrente é un desatino, As horas que nos quedan, publicados na década dos noventa. Tras una paréntese de catorce anos consigue publicar un cuarto libro no 2010, Que cara trae o día?, ao que segue O baile do Sol no 2013.

Na actualidade padece un trastorno obsesivo compulsivo que o leva a evitar o mundiño literario e refuxiarse no cultivo do repolo de temporada —na medida en que as adiccións son curábeis— que de cando en vez interrompe, como neste caso.

Non se atoparon produtos que concorden coa selección.