William Hope Hodgson

Mostrando tódolos 2 resultados

William Hope Hodgson (1877-1918) foi un dos creadores do xénero de Terror Cósmico, que despois desenvolverían en gran medida H.P. Lovecraft e o seu círculo. Na súa extensa obra destacan unha serie de novelas consideradas clásicos do xénero como The Ghost Pirates, The Night Land, The House on the Borderland ou The Boats of the Glen Carrig. Tamén foi autor de múltiples contos breves, entre os que cabe mencionar a colección dedicada ao detective do sobrenatural Carnacki. A súa narrativa está preñada de simbolismo e de imaxes que xogan cos temores máis soterrados do noso subconsciente, que transmiten ao lector unha sensación de impostencia e insignificancia ante a inmensidade do cosmos.