Pepe Cáccamo

Mostrando o único resultado

Nacín en Vigo o 6 de xullo de 1950. O barrio de As Travesas e as praias de Coruxo son os espazos da miña nenez. Santiago de Compostela, onde fixen estudos de Filoloxía Románica, constitúe o referente crucial da miña mocidade. Desde o ano 1973 exercín a docencia como profesor de Literatura en Institutos de Santiago, Ourense e Vigo, labor que abandonei, por xubilación voluntaria, en 2010. Desde 1990 vivo na aldea de Vilar (Vilaboa), fronte á illa de San Simón.

Ademais de poesía, teño publicado relatos breves e fixen algunha incursión no xénero teatral. A miña adicación aos estudos literarios céntrase na poesía galega da segunda metade do século XX. Dedícome tamén á literatura para crianzas e á realización de poesía visual e obxectual, faceta esta última que se amosa na miña páxina web, cuxa ligazón figura abaixo.

Obtiven os premios Esquío, González Garcés, Arume de Poesía para Nenos, os da Crítica de Galiza e de España, o da Asociación de Escritores en Lingua Galega e o da Irmandade do Libro.

Formei parte do consello editorial das coleccións de Poesía “Mogor” (1976-1980) e “Pero Meogo” (1980) e dos consellos de redacción dos suplementos “Galicia Literaria” de Diario 16 de Galicia (1990-1992) e “Faro das Letras” de Faro de Vigo (1993-1996). Entre os anos 1984 e 2002 integrei a equipa directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Coordenei as revistas da AELG Nó, entre os anos 1986 e 1987, eContemporánea (1995). Fun membro do consello de redacción da revista Grial entre os anos 2003 e 2010.

(fonte: centro de documentación da AELG)

Pepe Cáccamo
Nacín en Vigo o 6 de xullo de 1950. O barrio de As Travesas e as praias de Coruxo son os espazos da miña nenez. Santiago de Compostela, onde fixen estudos de Filoloxía Románica, constitúe o referente crucial da miña mocidade. Desde o ano 1973 exercín a docencia como profesor de Literatura en Institutos de Santiago, Ourense e Vigo, labor que abandonei, por xubilación voluntaria, en 2010. Desde 1990 vivo na aldea de Vilar (Vilaboa), fronte á illa de San Simón. Ademais de poesía, teño publicado relatos breves e fixen algunha incursión no xénero teatral. A miña adicación aos estudos literarios céntrase na poesía galega da segunda metade do século XX. Dedícome tamén á literatura para crianzas e á realización de poesía visual e obxectual, faceta esta última que se amosa na miña páxina web, cuxa ligazón figura abaixo. Obtiven os premios Esquío, González Garcés, Arume de Poesía para Nenos, os da Crítica de Galiza e de España, o da Asociación de Escritores en Lingua Galega e o da Irmandade do Libro. Formei parte do consello editorial das coleccións de Poesía "Mogor" (1976-1980) e "Pero Meogo" (1980) e dos consellos de redacción dos suplementos "Galicia Literaria" de Diario 16 de Galicia (1990-1992) e "Faro das Letras" de Faro de Vigo (1993-1996). Entre os anos 1984 e 2002 integrei a equipa directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Coordenei as revistas da AELG Nó, entre os anos 1986 e 1987, eContemporánea (1995). Fun membro do consello de redacción da revista Grial entre os anos 2003 e 2010. (fonte: centro de documentación da AELG)