María Victoria Moreno

Mostrando tódolos 3 resultados

Unha das voces máis importantes da nosa literatura, María Victoria Morno exerceu de profesora de ensino medio durante toda a súa vida, sendo esta a actividade pola que quería ser recoñecida. Escritora, editora, tradutora e conferenciante, foi unha das fundadoras da literatura infantil e xuvenil en lingua galega. En 1973 publicou Mar adiante. Desde entón, a carreira literaria de María Victoria Moreno foi imparábel. Escribiu títulos como Leonardo e os fontaneiros (1986) ou Anagnórise (1988); novela incluída na Lista de Honra do IBBY no ano 1990 e traducida a varias linguas. Continuou a súa produción literaria con Guedellas de seda e liño (1991), obra que obtivo o premio White Ravens no ano 2002 e Eu conto, ti cantas…(2005). Publicou un ensaio titulado Diario da luz e da sombra (2004) onde recolle a súa experiencia como enferma de cancro de mama. María Victoria Moreno tamén escribiu poesía, mais a súa obra poética para adultos publicouse despois de falecer no libro Elexias de luz (2006). Catro anos despois da súa perda, chegou ao lectorado Onde o aire non era brisa (2009), a primeira obra escrita por María Victoria no ano 1969 e que viu a luz na lingua que a escritora tanto quixo corenta anos despois de ser escrita.

María Victoria Moreno
Unha das voces máis importantes da nosa literatura, María Victoria Morno exerceu de profesora de ensino medio durante toda a súa vida, sendo esta a actividade pola que quería ser recoñecida. Escritora, editora, tradutora e conferenciante, foi unha das fundadoras da literatura infantil e xuvenil en lingua galega. En 1973 publicou Mar adiante. Desde entón, a carreira literaria de María Victoria Moreno foi imparábel. Escribiu títulos como Leonardo e os fontaneiros (1986) ou Anagnórise (1988); novela incluída na Lista de Honra do IBBY no ano 1990 e traducida a varias linguas. Continuou a súa produción literaria con Guedellas de seda e liño (1991), obra que obtivo o premio White Ravens no ano 2002 e Eu conto, ti cantas...(2005). Publicou un ensaio titulado Diario da luz e da sombra (2004) onde recolle a súa experiencia como enferma de cancro de mama. María Victoria Moreno tamén escribiu poesía, mais a súa obra poética para adultos publicouse despois de falecer no libro Elexias de luz (2006). Catro anos despois da súa perda, chegou ao lectorado Onde o aire non era brisa (2009), a primeira obra escrita por María Victoria no ano 1969 e que viu a luz na lingua que a escritora tanto quixo corenta anos despois de ser escrita.