María Montes Sueiro

Mostrando o único resultado

Ten unha mancha de nacemento na perna dereita da cor do viño. Durante os anos que esqueceu que lle gustaba pintar, aprendeu de memoria a Motacilla alba, o Brachupodium distachium e o ciclo de Krebs, a servir cafés, a diferenciar melóns macho de melóns femia e a amasar pan. Máis tarde estudou ilustración na EASD Pablo Picasso (A Coruña) para lembrarse de debuxar.
Gústalle cantar no coche, ficar durmida en menos de dez segundos e esquecer o final das películas.

María Montes Sueiro
Ten unha mancha de nacemento na perna dereita da cor do viño. Durante os anos que esqueceu que lle gustaba pintar, aprendeu de memoria a Motacilla alba, o Brachupodium distachium e o ciclo de Krebs, a servir cafés, a diferenciar melóns macho de melóns femia e a amasar pan. Máis tarde estudou ilustración na EASD Pablo Picasso (A Coruña) para lembrarse de debuxar. Gústalle cantar no coche, ficar durmida en menos de dez segundos e esquecer o final das películas.