María Lado
Mostrando o único resultado
María Lado naceu no coche dun taxista de Cee a noite do 14 de abril do 1979, camiño de Compostela. Comezou a escribir entre as xentes do Batallón Literario da Costa da Morte, onde participou nos tres libros editados polo colectivo.
Como poeta ten publicados seis libros individuais: A primeira visión (1997), casa atlántica casa cabaret (2002), berlín (2005), Nove (2008), Amantes (2011) e oso, mamá, si? (2015) que foi escollido mellor libro de poesía na I Gala do Libro Galego. Tamén é autora do conto para crianzas Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014) e da novela xuvenil Entre os dous hai un río (2016).
Textos seus foron publicados en castelán, portugués, catalán, ruso, croata e irlandés. Outros aparecen en discos, curtas ou documentais.
Pero tanto como escribir gústalle recitar. Desde o ano 2005 mantén coa poeta Lucía Aldao varios espectáculos co nome «Aldaolado», cos que percorren escenarios do máis diverso, desde teatros até palcos de festa.