Manuel Lourenzo González

Mostrando o único resultado

MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ

Vilaboa, Pontevedra, 1955. Licenciado en Ciencias da Educación e catedrático de instituto en Lingua Galega e Literatura. Como profesor, participou na elaboración de libros para o ensino e é autor de artigos e textos ensaísticos de carácter dispar. Asemade, foi promotor ou colaborador de múltiples empresas culturais.

Como escritor, ten publicadas case unha trintena de obras. Entre elas, os libros de relatos Da esfinxe e Noites de papel e as novelas Arqueofaxia, O xardín das pedras flotantes e Atl. Para o público xuvenil, Tanis I o MocosO que é a vida, Irmán do ventoFlor de area, Unha pantasma no colexio e Mundo Arb. Tamén conta con publicacións infantís e teatrais. Algúns destes títulos foron traducidos ao castelán.

A súa obra foi recoñecida con premios como o Merlín, O Barco de Vapor e Estornela na literatura infanto-xuvenil, e García Barros, Café Dublín, Carvalho Calero, Xerais e Blanco Amor na de adultos.

No ámbito do xornalismo, destacan as súas colaboracións na revista de humor Retranca entre 2007 e 2010, e a serie de artigos publicados no xornal Pontevedra Viva que se reúnen no libro Cegoñas no fondo da ría.

Manuel Lourenzo González
MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ Vilaboa, Pontevedra, 1955. Licenciado en Ciencias da Educación e catedrático de instituto en Lingua Galega e Literatura. Como profesor, participou na elaboración de libros para o ensino e é autor de artigos e textos ensaísticos de carácter dispar. Asemade, foi promotor ou colaborador de múltiples empresas culturais. Como escritor, ten publicadas case unha trintena de obras. Entre elas, os libros de relatos Da esfinxe e Noites de papel e as novelas Arqueofaxia, O xardín das pedras flotantes e Atl. Para o público xuvenil, Tanis I o MocosO que é a vida, Irmán do ventoFlor de area, Unha pantasma no colexio e Mundo Arb. Tamén conta con publicacións infantís e teatrais. Algúns destes títulos foron traducidos ao castelán. A súa obra foi recoñecida con premios como o Merlín, O Barco de Vapor e Estornela na literatura infanto-xuvenil, e García Barros, Café Dublín, Carvalho Calero, Xerais e Blanco Amor na de adultos. No ámbito do xornalismo, destacan as súas colaboracións na revista de humor Retranca entre 2007 e 2010, e a serie de artigos publicados no xornal Pontevedra Viva que se reúnen no libro Cegoñas no fondo da ría.