Lara Torres Rodríguez

Mostrando o único resultado

Técnica Superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso de A Coruña e Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
Desde os comezos enfocou a súa formación cara as ensinanzas artísticas, intentando facer da súa paixón a súa profesión. En ningún momento abandonou a experimentación en canto a técnicas e modos de aplicar a pintura.
Partindo dunha formación pictórica realista, Lara Torres sempre se interesou polo mundo da ilustración, sobre todo da infantil-xuvenil. Continúa explorando ambas facetas que, dalgún xeito, se complementan na súa obra.
Recentemente fixo a súa inclusión no mundo do muralismo e confesa que é algo que atrapa.
Grazas á pintura realista aprendeu a dominar espazos, volumes, formas, matices… e moi especialmente o mundo do retrato. As súas cores vivas e liñas orgánicas proceden sen dúbida do mundo da ilustración.
www.laratorres.net

Lara Torres Rodríguez
Técnica Superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso de A Coruña e Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Desde os comezos enfocou a súa formación cara as ensinanzas artísticas, intentando facer da súa paixón a súa profesión. En ningún momento abandonou a experimentación en canto a técnicas e modos de aplicar a pintura. Partindo dunha formación pictórica realista, Lara Torres sempre se interesou polo mundo da ilustración, sobre todo da infantil-xuvenil. Continúa explorando ambas facetas que, dalgún xeito, se complementan na súa obra. Recentemente fixo a súa inclusión no mundo do muralismo e confesa que é algo que atrapa. Grazas á pintura realista aprendeu a dominar espazos, volumes, formas, matices… e moi especialmente o mundo do retrato. As súas cores vivas e liñas orgánicas proceden sen dúbida do mundo da ilustración. www.laratorres.net