Horacio Quiroga
Mostrando o único resultado
Nado en 1878 no Salto, Uruguai, e morto en 1937, en Bos Aires, a súa vida sempre estivo marcada pola morte violenta até o mesmo final, cando decidiu quitarse a vida. Dunha familia acomodada, aínda que perseguida pola traxedia, viviu entre Uruguai e Arxentina, entre a cidade moderna que non acababa de comprender e a xungla agreste na que se desenvolvía mellor pero que afectaba gravemente a súa saúde. Perseguido pola mala sorte e a enfermidade estivo rodeado de suicidios e accidentes de caza, o que marcou fortemente a súa vida e, desde logo, a súa literatura.
É considerado o mestre do conto en castelán e un dos principais pais, xunto con Allan Poe e Guy de Maupassant, deste xénero tal e como o entendemos hoxe. A pesar da súa relativamente curta traxectoria, tivo un importante éxito xa en vida e deixou unha profunda pegada na literatura latinoamericana. Escritores como Julio Cortázar e Jorge Luis Borges deben moito ao autor uruguaio.