Horace Warpole
Mostrando o único resultado
Horace Walpole (1717-1797), nado en Londres no seo dunha familia aristócrata ao ser fillo do Primeiro Ministro inglés Robert Walpole, foi conde de Orford e estudou matemáticas, música e anatomía en Cambridge. Logo dunha longa viaxe por Europa, voltou a Inglaterra para ser deputado no Parlamento inglés. Como político, permaneceu leal ao rei George II e á raíña Carolina no seu conflito contra o seu fillo Frederick, príncipe de Gales.
Se ben publicou diversos libros ao longo da súa vida O castelo de Otranto é sen dúbida a obra que tivo maior relevancia no ámbito literario, non só porque a meirande parte da súa creación xira arredor da política, a arte e a sociedade da súa época (o que levou os historiadores a estudala con detemento), senón sobre todo porque foi a primeira obra de terror gótico.